Estudantes de A Coruña, Cerceda e Vigo repartironse os principais premios do concurso de debuxo Picasso Coruñés, convocado pola Fundación Emalcsa coa colaboración do Concello herculino, a Asociación de la Prensa e a Asociación Pablo Ruiz Picasso de A Coruña. O certame, aberto á participación de alumnos de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO de toda Galicia, está pensado para animar aos escolares a recrear os xornais que o xenio malagueño realizou na súa adolescencia, durante a súa estancia en A Coruña. En total, foron quince os mozos galardoados, doce chicas e tres chicos.
O xurado, presidido polo vicepresidente da Asociación Pablo Ruiz Picasso de A Coruña, Juan Guillín, destacou tanto o bo nivel de participación, moi elevado para tratarse dunha primeira edición, como a calidade dos traballos que se presentaron.
Esta actividade enmarcase no programa de divulgación da etapa coruñesa de Pablo Ruiz Picasso, desenvolvendo polo Concello e a Fundación Emalcsa. Na mesma liña, en 2015 conmemorarase o 120 aniversario da súa primeira exposición, que tivo lugar na calle Real da cidade.
Na categoría A do concurso, reservada para os alumnos de 3º a 6º de Primaria, resultaron gañadores os seguintes traballos:
- Premio “Picasso Coruñés” ao mellor xornal: Irene Casal Chao e Mercedes Molinero Vázquez, de 6º de Primaria do colexio Santo Domingo de A Coruña, baixo a supervisión do profesor Víctor González, polo seu xornal Azul y Blanco.
- Premio “José Luis Bugallal Marchesi” á mellor ilustración: David Carballo Rodríguez, de 6º de Primaria do colexio Concepción Arenal de A Coruña, baixo a supervisión de Mª Dolores Fontenla, polo seu xornal Blanco y Negro.
- Premio “Olga Cristina Viaño Sánchez” á mellor redacción: Alba Lorenzo Túñez e Andrea Rama Fernández, de 5º de Primaria do colexio Santo Domingo de A Coruña, supervisadas por Ana Freire, por El periodiquillo loco.
Na categoría B, correspondente a 1º y 2º de ESO, os premiados foron:
- Premio “Picasso Coruñés” ao mellor xornal: Claudia Álvarez Costas, de 1º de ESO del IES Carlos Casares de Vigo, baixo a supervisión da profesora Almudena Lacomba, polo seu xornal O ollo de Galicia.
- Premio “José Luis Bugallal Marchesi” á mejor ilustración: Ruth Carrera Fernández e Antía Gago Alonso, de 1º de ESO del IES Carlos Casares de Vigo, orientadas pola docente Almudena Lacomba, polo seu xornal Aires Gallegos.
- Premio “Olga Cristina Viaño Sánchez” á mellor redacción: Julia Villasur Villalba e Jessica Martínez Amoedo, de 1º de ESO del IES Carlos Casares de Vigo, tamén supervisadas por Almudena Lacomba, polo seu xornal Azul e Branco.
Na categoría C, onde participaron os estudantes de 3º e 4º de ESO, resultaron galardonados:
- Premio “Picasso Coruñés” ao mellor xornal: Clara Ramírez Eirís, de 3º de ESO do IES Eusebio da Guarda de A Coruña, baixo a supervisión do profesor Tomás Roibás, polo seu xornal Membrillo de Verdillo Navideño.
- Premio “José Luis Bugallal Marchesi” á mellor ilustración: Brais Rodríguez Quintana, de 4º de ESO do IES Carlos Casares de Vigo, tutelado por Almudena Lacomba, polo seu xornal A Torre Picassiana.
- Premio “Olga Cristina Viaño Sánchez” a la mejor redacción: Javier Couselo Silveira, Ana Muíño Graña e Soralla Calviño López , de 3º e 4º de ESO do CPI O Cruce de Cerceda, baixo a supervisión da profesora Carme Gasamáns, polo seu xornal Coruña é Picasso.
Os gañadores dos premios ao mellor xornal en cada unha das tres categorías recibirán un cheque regalo de 450 euros, mentres que o seu supervisor será obsequiado cunha tablet. Pola súa parte, os vencedores nas áreas de ilustración e redacción serán galardonados cun cheque regalo de 300 euros.