Obra Social ‘la Caixa’ apoia a mostra ‘El primer Picasso’

A Fundación Emalcsa segue conseguindo respaldos para o impulso do evento Picasso A Coruña 2015 – 120 anos despois e cerrou un acordo coa Obra Social ‘la Caixa’. O alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, firmou un acordo co Director Territorial de Galicia, Marc Arthur Benhamou, e co Director Corporativo Territorial, Rafael Fernando Chueca, para colaborar no evento.

A exposición El primer Picasso, actividade central do evento, poderá visitarse ata o 24 de maio no Museo de Belas Artes de A Coruña. Ademais, o evento albergará sete exposicións pictóricas e fotográficas; seis proxectos editoriais; un ciclo de conferencias, obradoiros didácticos e concursos para escolares, ademais da realización de eventos conmemorativos e outras actividades centradas na difusión turística, a música ou a cinematografía.