O Concello de A Coruña e Abanca firmaron un convenio no que a entidade bancaria se comprometeu a impulsar a exposición El primer Picasso, que explora a relación entre o pintor malagueño e a cidade herculina. O alcalde, Carlos Negreira, o Conselleiro delegado Abanca, Francisco Botas, firmaron un acordo de colaboración en presencia de Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, e de Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca.
A exposición El primer Picasso. A Coruña 2015 abriu as súas portas o día 19 de febreiro, no Museo de Belas Artes. Forma parte dos actos de conmemoración do 120 aniversario da primeira exposición pública realizada por Picasso, que tivo lugar na calle Real, en febreiro de 1895. Esta conmemoración do 120 aniversario foi declarada “acontecemento de excepcional interese público” polo Goberno de España, algo que é a primeira vez que sucede cun evento da cidade.