En que consiste
A Fundación Emalcsa mantén un acordo coa Asociación Amigos de la Ópera para o desenvolvemento de accións que contribúan a fomentar a participación na tempada lírica a persoas ou colectivos que por razón de idade, diversidade funcional, exclusión económica ou social, ou outras razóns de similar índole, teñen maiores dificultades para acceder e gozar da ópera.
Trátase dun acordo vixente desde 2015 polo que a Asociación Amigos de la Ópera organiza recitais en Centros Cívicos da cidade de A Coruña, en locais de asociacións como Down Coruña e Padre Rubinos con carácter gratuíto.
Así mesmo, destina unha porcentaxe de entradas da súa habitual Programación Lírica de A Coruña para novos espectadores procedentes de distintos colectivos vinculados á diversidade funcional.