A Fundación Emalcsa defende o valor da cultura non só como motor de cambio na sociedade, senón como un mecanismo de integración a prol dunha sociedade máis igualitaria. Nunha cidade cunha riqueza cultural tan arraigada como é A Coruña, a Fundación Emalcsa aposta activamente pola cultura como ferramenta e linguaxe universal.
O programa Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa está desenvolvido en colaboración coas entidades culturais xunto coas entidades de persoas con discapacidade que presenten proxectos específicos que teñan algunha das finalidades seguintes:
- Aumentar a accesibilidade a lugares físicos ou virtuais en onde se ofrezan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cines, bibliotecas, páxinas web ou outros.
- Elaboración de material e/o desenvolvemento de programación e de actividades culturais en formatos accesibles.
- Fomentar que as persoas con discapacidade poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.






Principais indicadores desde o inicio do programa
Proxectos realizados
Persoas beneficiarias
Entidades participantes
Euros destinados
Entidades colaboradoras


IX Convocatoria do programa 'Cultura Accesible e Inclusiva' (24-25)