Accesibilidade

A Fundación Emalcsa, no seu afán por favorecer o acceso igualitario e inclusivo aos contidos culturais, desenvolveu o seu sitio web conforme ás pautas de accesibilidade web das Web Content Accessibility Guidelines (WCAG), en su versión 2.0 e a nivel AA, así como ás recomendacións da Sección 508 do Rehabilitation Act (1194.22).

A observancia destas recomendacións permite a visualización do contido completo desde unha amplia variedade de dispositivos, incluíndo aqueles que permiten a navegación en internet a persoas con discapacidade, e garante a posibilidade de navegar de forma sinxela polas distintas páxinas do sitio web desde dispositivos non táctiles e que non fan uso do rato.

Entre as medidas contempladas durante o desenvolvemento do sitio web para favorecer a accesibilidade inclúense:

  • Respecto dun ratio mínimo de contraste entre a cor de texto e o seu fondo de 3:1 e de 4.5:1 para os textos con tamaño de fonte superior e inferior a 24px respectivamente.
  • Posibilidade de navegar no sitio web facendo uso do tabulador, evitando a existencia de saltos de foco entre contidos non consecutivos.
  • Habilitación de atallos de tabulador para saltar directamente ao contido sen navegar polos distintos menús que compoñen a cabeceira e o pé de páxina.
  • Estruturación do contido de cada páxina seguindo unha orde lóxica de presentación.
  • Utilización de marcado semántico, respectando a lóxica xerárquica dos elementos.
  • Etiquetado de imaxes, enlaces e elementos de formulario para facilitar a navegación a persoas con algún tipo de discapacidade visual.
  • Adición de microformatos WAI-ARIA.
  • Posibilidade de navegar por todo o contido do sitio web desde dispositivos ou navegadores sen soporte para follas de estilo.