Programa A Flote

Atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión.

En que consiste

A situación de crise provocou un aumento da demanda de apoio social nos servizos sociais municipais e unha maior complexidade nas situacións ás que dar resposta. Esta realidade ten como consecuencia que sexa necesario reforzar os recursos municipais, coa finalidade de proporcionar unha resposta rápida e inmediata ás necesidades das persoas que se acheguen aos servizos sociais na busca dun recurso que lles axude a paliar a situación de urxencia na que se atopen.

Desde 2016, a Fundación Emalcsa desenvolve o Programa A Flote, de atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión que, por diferentes razóns, precisan con carácter urxente, puntual e transitorio, recursos de apoio cando estes constitúen un medio indispensable para atender a situación de necesidade puntual na que se encontran e non exista a posibilidade de utilizar outro instrumento de intervención pública normalizado.

Programa A Flote, impleméntase con un dobre carácter:

  • De prestación ou axuda social para situacións de emerxencia social cando non existan outras posibilidades de intervención desde o sistema público de servizos sociais, evitando situacións de desprotección.
  • De programa piloto, para coñecer e avaliar as posibles lagoas do sistema e poder así desenvolver novas modalidades de intervención ou mellora das existentes.

Trátase dun instrumento de intervención social coa finalidade de axudar á plena inserción social dos seus beneficiarios.

Programa A Flote

En relación co Proxecto A Flote, Inditex e a Fundación Emalcsa firmaron en maio de 2017 un convenio trienal para contribuír á integración de persoas en risco de exclusión a través da xestión de axudas inmediatas para situacións de emerxencia social que demandan os servizos sociais do Concello da Coruña. Complementariamente, o programa prevé medidas para evitar a cronificación da situación que deu orixe á emerxencia.

Por outra parte, Ferrovial Servicios xunto coa colaboración da Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña levou a cabo o proxecto ‘Escola Oficios Ferrovial Servizos’ co fin de impartir formación teórica-práctica relacionada coa limpeza viaria para fomentar a inserción laboral de colectivos de alta vulnerabilidade fronte ao emprego.

Consulta a avaliación de A Flote 2021

Principais indicadores

Proxectos realizados

Persoas beneficiarias

Entidades participantes

Euros destinados

Entidade colaboradora

inditex_logo_logotype