Condicións xerais de uso da páxina web
I. Condicións Xerais e Particulares de uso da páxina web.
Adquire a condición de usuario toda persoa física ou xurídica que accede á páxina www.fundacionemalcsa.es (en diante, a páxina), utilizando os servizos e contidos exclusivamente para fins particulares da mesma, con exclusión de calquera modalidade de utilización posterior dos mesmos con ánimo de lucro ou obtención dalgún beneficio, directo ou indirecto.
O usuario, polo mero feito de acceder á páxina, acepta plenamente e sen reserva ningunha as presentes Condicións Xerais, así como as Condicións Particulares para o uso de determinados contidos e servizos, que serán coñecidas e aceptadas polo usuario con carácter previo á utilización dos mesmos. Ditras Condicións Particulares poden substituír total ou parcialmente, completar e/ou modificar o disposto nestas Condicións Xerais.
II. Obxecto da páxina.
A través do acceso á páxina, o usuario poderá gozar do uso de diversos contidos e servizos que serán ofrecidos ben pola Fundación Emalcsa (en diante, a Fundación) ou ben por terceiros provedores, nas condicións que se determinen para os mesmos.
O acceso á páxina é gratuíto, sen necesidade de autorización previa, subscrición ou rexistro, salvo para os servizos e contidos específicos nos que así se determine nestas Condicións Xerais ou nas súas Condicións Particulares. O usuario unicamente deberá reunir as seguintes condicións técnicas para beneficiarse do uso da páxina: «Internet Explorer 5» a unha resolución de 800x600. Recoméndase a instalación de «Flash», «Acrobat Reader» e «Windows Media Player 7».
A Fundación poderá modificar de forma unilateral e sen aviso previo a prestación, configuración e contido da páxina, así como as condicións de uso da mesma e o acceso aos servizos prestados.
III. Contido da páxina.
Con carácter xeral, os servizos e contidos ofrecidos a través da páxina estarán dispoñibles en galego e castelán.
A través da páxina poderase acceder a servizos e contidos propios da Fundación e do resto de entidades nas que ten presenza, así como Asociacións, Organismos e provedores de servizos e contidos alleos á mesma, accesibles a través dun hipervínculo ou ligazón.
A Fundación resérvase o dereito de manter, excluír ou modificar, no seu caso, os contidos e servizos prestados a través da páxina, sen previo aviso aos usuarios.
IV. Dereitos e obrigas do usuario.
Polo mero feito de acceder á páxina, o usuario, persoa física ou xurídica destinataria final dos servizos e contidos, adquire as seguintes obrigas, dereitos e prohibicións.
IV.I. Dereitos e obrigas.
O usuario poderá e, no seu caso, estará obrigado a:
• Acceder de forma gratuíta e sen necesidade de autorización previa ou rexistro aos contidos e servizos da páxina dispoñibles como tales, sen prexuízo das condicións técnicas e particulares detalladas e relativas aos servizos e contidos específicos, segundo se determine nestas Condicións Xerais ou nas Condicións Particulares dos ditos servizos.
• Utilizar os servizos e contidos dispoñibles para o seu uso exclusivamente particular.
• Facer un uso correcto e lícito da páxina, de conformidade coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.
• Poñer en coñecemento do responsable da páxina calquera actuación ou contido que resulte contrario á lei e aos dereitos fundamentais e liberdades públicas de terceiros, ou que poida supoñer un prexuízo para o bo funcionamento da páxina e dos usuarios da mesma.
• Non acceder a utilizar os servizos e contidos da páxina con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan prexudicar, danar ou impedir de calquera forma o acceso aos mesmos, en prexuízo da Fundación ou de terceiros.
• Non utilizar os servizos, total ou parcialmente, para promocionar, vender, contratar, divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen autorización previa da Fundación.
• Establecer as medidas de seguridade de carácter técnico adecuadas para evitar accións non desexadas no seu sistema de información, sendo consciente de que Internet non é totalmente seguro.
• O usuario da páxina responderá persoalmente dos danos e prexuízos de calquera natureza causados á Fundación, directa ou indirectamente, polo incumprimento de calquera das obrigas derivadas destas Condicións Xerais ou outras normas polas que se rexa a utilización da páxina. Así mesmo responderá de forma directa, indirecta ou subsidiaria polo dano emerxente ou lucro cesante derivados da infracción dos dereitos de propiedade intelectual dos autores.
IV.II. Prohibicións.
En ningún caso o usuario poderá:
• Introducir contidos ou información que atenten contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
• Incitar ou promover a realización de actos delituosos, xenófobos, terroristas ou degradantes por razón de idade, sexo, relixión ou crenzas.
• Divulgar contidos ou servizos pornográficos, obscenos, violentos ou que atenten contra a lei, a moral ou os bos costumes.
• Realizar calquera acción que supoña a copia, reprodución, distribución, comunicación pública ou calquera outra acción similar de todo ou parte dos contidos da páxina sen a autorización previa e por escrito da Fundación ou do terceiro titular dos dereitos.
• Incluír hipervínculos á páxina que non se limiten exclusivamente ao acceso á páxina principal ou «home page».
• Reproducir total ou parcialmente noutra web a páxina ou os hipervínculos accesibles a través da mesma.
• Crear «browser» ou realizar un «border enviroment» sobre a páxina.
• Realizar calquera afirmación ou acción que poida levar a erro á persoa que accede a través do hipervínculo.
• Utilizar os servizos ofrecidos de forma contraria ás condicións de uso e en prexuízo dos dereitos doutros usuarios.
• Realizar accións que impidan ou dificulten o acceso á páxina.
• Utilizar a páxina como vía para cometer accións ilícitas.
• Introducir virus ou código que cause danos.
• Utilizar marcas ou nomes comerciais sen autorización.
V. Dereitos e obrigas da Fundación.
A Fundación resérvase os seguintes dereitos:
• Modificar as condicións de acceso.
• Establecer condicións particulares ou prezos.
• Limitar ou excluir accesos.
• Finalizar servizos ilícitos.
• Modificar contidos.
• Emprender accións legais.
• Exixir indemnizacións.
VI. Exención e limitación de responsabilidade.
A Fundación queda exenta de responsabilidade nos seguintes casos:
• Disponibilidade do servizo.
• Servizos de terceiros.
• Contidos de terceiros.
• Exactitude de información externa.
• Ligazóns externas.
• Tratamento de datos por terceiros.
• Calidade de acceso.
• Produtos de terceiros.
VII. Propiedade intelectual e industrial.
O usuario coñece que os contidos están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial.
A prestación de servizos non implica cesión de dereitos.
O uso require autorización previa.
O usuario só poderá facer uso persoal.
A infracción implica responsabilidade legal.
A marca Fundación Emalcsa está rexistrada e queda prohibido o seu uso sen autorización.
VIII. Lexislación aplicable e xurisdición.
Estas condicións rexeranse pola lexislación española.
As partes sométense aos Xulgados e Tribunais da Coruña.
Para dúbidas pode contactar coa Fundación.
Política de Protección de Datos
Lexislación. En cumprimento do Artigo 12 do Regulamento Europeo de Protección de Datos...
Responsable do tratamento. FUNDACION EMALCSA...
Delegado de Protección de Datos...
Finalidade do tratamento.
Xestionar consultas.
Lexitimación.
Consentimento do interesado.
Conservación dos datos.
Ata 1 ano.
Cesións de datos.
Non se cederán salvo obrigación legal.
Dereitos do interesado.
Acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición.
Dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas.
Onde exercer os dereitos.
Correo electrónico.
Medidas de seguridade.
Medidas técnicas e organizativas.
Transferencias internacionais.
Non existen.
Tratamento baseado no consentimento.
Non se recollen datos sen consentimento.
Deber de confidencialidade.
Tratamento confidencial.
Inexactitude dos datos.
Non imputable se non se rectifican.
Dereito a reclamar.
Ante a Axencia Española de Protección de Datos.
