O FESTI=2020 celebrarase durante os meses de outubro e novembro de 2020, combinando as actividades presenciais coas online. Nesta cuarta edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural contará con concertos, exposcións, obras de teatro e moitas máis actividades, que se emitirán por streaming aquí.
En que consiste
O Festival de Artes pola Inclusión Cultural é unha iniciativa da Fundación Emalcsa desenvolvida co Concello da Coruña para o goce das actividades culturais para todas as persoas na cidade. Consta de obradoiros, exposicións, concertos, actuacións e representacións repartidas en diversas instalacións.
O FESTI= pretende amosar unha cultura sen barreiras, sen trabas: unha cultura para todos e todas.
Asociacións e artistas únense por facer unha cidade máis igualitaria e máis diversa, ofrecendo actividades gratuítas durante o FESTI= para garantir a participación e o acceso á cultura a todos os colectivos.
Trátase dun festival expandido, con varias citas e proxectos, nas que as entidades sociais da cidade son as protagonistas, e que conta con actividades para todos os públicos, libres de barreiras físicas ou sensoriais.




Principais indicadores
Proxectos realizados
Persoas beneficiarias
Entidades participantes
Euros destinados
Entidades colaboradoras




