Programa Deporte Solidario

Convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva dirixida a entidades que promovan o deporte como instrumento para a integración e cohesión social.

logo-deporte-solidario-0

A Fundación Emalcsa mantén desde 2013 unha liña de intervención destinada ao fomento do uso do deporte como instrumento social. Para iso busca a colaboración de asociacións sen ánimo de lucro de A Coruña que promoven a actividade física e o deporte, máis alá dos beneficios da aprendizaxe e práctica deportiva en si mesmos.

Desta maneira, o deporte ofrece un espazo de aprendizaxe idóneo para desenvolver o traballo en equipo, o esforzo e afán de superación, o respeto, o xogo limpo ou os hábitos de vida saudábles.

Esta iniciativa canalizase a través dunha convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, de forma anual, á que se poden presentar entidades sen ánimo de lucro de A Coruña. Os proxectos deben contribuír ao desenvolvemento dun fin social a través do deporte: contribuír á igualdade de oportunidades e a inclusión social de persoas en risco de exclusión social ou pobreza, ou en situación de vulnerabilidade social, con especial atención á infancia, xuventude, persoas con discapacidade e ás minorías étnicas, mediante o fomento da súa participación na actividade deportiva.

fundacion-emalcsa-cec
fundacion-emalcsa-crat
fundacion-emalcsa-ami
fundacion-emalcsa-club-del-mar-de-san-amaro
fundacion-emalcsa-alquimia
fundacion-emalcsa-piraguismo

Principais indicadores desde o inicio do programa

Proxectos realizados

Persoas beneficiarias

Entidades participantes

Euros destinados

Entidad colaboradora

gadis-logo

XI Convocatoria do programa 'Deporte Solidario e Inclusivo' (24-25)