Estatutos

A Fundación Emalcsa constitúese polo Concello da Coruña e a súa empresa pública municipal Emalcsa, ao servizo de fins de interese xeral nos ámbitos dos asuntos sociais, deporte, cultura, educación e desenvolvemento económico e urbano, de acordo aos seus Estatutos.

A entidade fundadora é a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña S.A. Emalcsa, cuxo capital social pertence na súa totalidade ao Concello da Coruña. En consecuencia, a Fundación Emalcsa forma parte do sector público local aos efectos previstos na normativa de aplicación.

A Xunta Xeral de Emalcsa, formada pola totalidade de concellerías que forman o Concello Pleno da Coruña, mediante acordos de data 15 de xuño de 2009 e 7 de xullo de 2011, aprobou a constitución da Fundación Emalcsa.

A Fundación Emalcsa foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o 17 de febreiro de 2012, ante o notario José Guillermo Rodicio Rodicio, co número de protocolo 284, modificada por outra outorgada tamén na Coruña, o 2 de abril de 2012, ante o notario Isidoro Antonio Calvo Vidal, co número de protocolo 385.

A Fundación Emalcsa foi clasificada como de interese asistencial, de fomento da economía social, educativa, deportiva e cultural e adscrita ao protectorado da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por orde de 30 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia de 2 de maio de 2012).

A Resolución da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 9 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia de 16 de maio de 2012) declara de interese galego á Fundación Emalcsa e ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A inscrición realizouse con número 2012/6.

Estatutos da Fundación Emalcsa