En que consistiu
A Fundación Emalcsa patrocinou en 2015 o Campionato de España Alevín de natación que se celebrou entre o 16 e o 19 de xullo nas instalacións da Casa da Auga. Un total de 567 deportistas de entre 11 e 14 anos participaron na proba, que cumpría a súa terceira edición.
A Federación Española de Natación concedeu ao Club Natación Liceo a organización desta proba. Este acontecemento deportivo, ademais de converterse nunha oportunidade excepcional para a promoción do deporte base e dos valores que representa, tamén xerou beneficios para a cidade e o seu entorno grazas á afluencia dos familiares dos deportistas e os técnicos dos clubs.