En que consistiu
Cremos nun patrimonio e unha cultura vivos, protagonizados por persoas, abertos ao goce e a participación de toda a sociedade.
A Fundación Emalcsa traballou nos anos 2012 e 2013 en poñer ao día e en valor a herdanza coruñesa de Pablo Ruíz Picasso, que pasou anos da súa nenez na cidade. O proxecto de musealización da casa Picasso, e a adaptación do baixo da mesma para estes fins son dous exemplos do traballo da Fundación nesta liña.
O 20 de xuño de 2013 inaugurouse o baixo da Casa Picasso, no número 14 da rúa Payo Gómez, tras unha profunda remodelación iniciada o ano anterior. Trátase dunha porta de entrada ao Museo Picasso, situado na segunda planta, na vivenda que ocupou coa súa familia a finais do século XIX.
A intervención contribuíu a aumentar a visibilidade deste espazo. Coa súa inauguración incrementouse o patrimonio cultural de A Coruña e desde entón realizáronse alí diferentes actividades relacionadas con Picasso.
Complementado esta actuación, a Fundación Emalcsa promoveu a celebración de seminarios universitarios, concursos de debuxo escolares, así como obradoiros e intervencións culturais relacionadas con Picasso.