En que consistiu
En 2016 a Fundación Emalcsa realizou para o Concello de A Coruña un estudo no que participaron 71 entidades culturais, sociais e de persoas con discapacidade para identificar as necesidades existentes na cidade. Puxéronse de manifesto os principais retos e barreiras que impiden o acceso á cultura das persoas con diversidade que deben ser superadas coas seguintes liñas estratéxicas:
- Aumentar a comunicación entre as entidades culturais e as de persoas con discapacidade.
- Mellorar a información sobre as actividades culturais e o nivel de accesibilidade que teñen para os distintos colectivos.
- Promover os proxectos e actividades culturais accesibles e inclusivas por parte das entidades culturais da cidade.
- Concienciar á sociedade da importancia da accesibilidade e a inclusión en todos os ámbitos.
- Mellorar a accesibilidade (deseño universal) ata e nos centros onde se realizan actividades culturais.
- Innovación e investigación.
Ademais expuxéronse unha serie de accións para o desenvolvemento da estratexia. O estudo permitiu sentar as bases do Programa de Actividades de Cultura Accesible e Inclusiva.