A Asociación Cultural para a Integración Social ‘Diversos’ estrea, o día 8 de novembro no Centro Ágora, a súa representación ‘Construíndo Soños’.
Este é un proxecto de inclusión social a través das Artes, para a formación, a investigación e a creación arredor da historia do Barrio da Sagrada Familia e a historia da comunidade que o habita.
Ás 20:30h no Auditorio do Centro Ágora terá lugar a representación, que partindo das historias persoais e da historia do Barrio, crea en base á palabra e o corpo en movemento, a fotografía e a música.
Por outra banda, ás 21:30h, no Ambigú do Centro Ágora terá lugar a presentación do foto-libro Buenos Aires, tamén a cargo da Asociación Diversos.
Podes consultar a programación completa do FESTI=, Festival de Artes pola Inclusión Cultural aquí