“West side story”, ópera e zarzuela como parte do Ciclo Lírica Inclusiva

O tenor Francisco Corujo e a Orquesta Gaos ofrecerán un concerto de portas abertas no Centro Ágora o próximo 2 de novembro ás 20 horas, como parte do Ciclo Lírica Inclusiva, que servirá ademais como clausura dos actos do 250 aniversario da fundación do primeiro teatro de ópera na Coruña na Programación Lírica.

Amigos de la Ópera, en colaboración coa Fundación Emalcsa, renderá homenaxe a dúas grandes personalidades nos seus respectivos aniversarios, o centenario do compositor e director Leonard Bernstein e os 80 anos do falecemento dun dos tenores españois máis relevantes do século XX, Miguel Fleta, o encargado de estrear “Turando” de Puccini en La Scala, que precisamente viviu os seus últimos anos na Coruña.

Por iso, o programa deste concerto fora de abono, e de acceso gratuíto a quen desexe asistir, terá dúas partes ben definidas: unha primeira con música de “West side story” e “Candide”, dúas das máximas creacións de Bernstein, e unha segunda con arias de ópera e romanzas de zarzuela do repertorio habitual de Fleta, de autores como Verdi, Massenet, Leoncavallo, Puccini, Guridi, Arrieta e Serrano, entre moitos otros.

O tenor Francisco Corujo, cantou “La Traviata” en La Fenice de Venecia, “Romeo y Julieta” na Area de Verona, “La Bohéme” en Oviedo e Bilbao e “Macbeth” e “Falstaff” na Coruña, entre outros títulos. Alumno de Carlo Bergonzi en Italia e de Tom Krause na Escuela de Reina Sofía de Madrid gravou recentemente  un cd de cancións de Fancesco Paolo Tosti. Nesta ocasión acompañaralle o dirctor Fernando Biones ao frente da Oquesta GAos en seleccións de “Marina”, “El trust de los tenorios”, “Tosca”, Werther”, “West side story” …

A este concerto asistirán ademais os representantes destes vinte teatros e festivais de ópera máis importantes de España, que durante os días 2 e 3 de novembro reuniranse na Coruña para participar na Asemblea de Ópera XXI, coincidindo coas celebracións dos 250 anos de ópera nesta cidade. OS responsables e representantes de teatros como a Zarzuela de Madrid, o Palau de Les Arts de Valencia, Liceo de Barcelona, Real de Madrid e as tempadas de As Palmas, Mallorca, Xerez e Málaga, entre outros, reuniranse na Coruña para analizar cuestións relativas á difusión da ópera en España.