Comprometida coa integración social dos colectivos máis vulnerables, Vegalsa-Eroski acaba de firmar un acordo de colaboración coa Fundación Emalcsa para colaborar, a través da dotación de 36.000 euros, na promoción e difusión do Programa Cultura Accesible e Inclusiva.
No acto de firma de formalización do acordo, que tivo lugar hoxe, no Concello de A Coruña, participaron o presidente da Fundación Emalcsa e alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro; a vicepresidenta e concelleira de Igualdade, Diversidade e Seguridade Cidadá e vicepresidenta da Fundación Emalcsa, Rocío Fraga; o director da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar; o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e a directora de Relacións Institucionais, RSC e Comunicación da empresa, Gabriela González.
A compañía de distribución alimentaria, que adquire a condición de entidade patrocinadora do Programa, vincula así a súa imaxe corporativa a esta iniciativa coa que se pretende lograr a igualdade de oportunidades no acceso ao goce dos bens de carácter cultural na cidade de A Coruña, logrando que as persoas con diversidade funcional poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio, senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
Como entidade patrocinadora do programa, Vegalsa-Eroski terá presencia en todos os actos de difusión pública así como en soportes publicitarios e de comunicación referidos ao Programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’.