O Concello de A Coruña e Vegalsa-Eroski firmaron un convenio no que a empresa de distribución comprometeuse a impulsar a exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, que explora a relación entre o pintor malagueño e a cidade herculina. O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, e o director xeral de Vegalsa, Joaquín González, rubricaron este acordo nun acto celebrado no Palacio Municipal de María Pita.
Negreira agradeceu á entidade a colaboración que prestan para “esta importante exposición, que mostrará a todos os visitantes a etapa máis descoñecida deste pintor, que é imprescindible para comprender ao gran xenio que chegou a ser”. Neste sentido, o alcalde coruñés destacou a disposición por parte da entidade para contribuír tanto á difusión como á organización do citado evento.
A exposición El primer Picasso. A Coruña 2015 abriu as súas portas o día 20 de febreiro, no Museo de Belas Artes. Forma parte dos actos de conmemoración do 120 aniversario da primeira exposición pública realizada por Picasso, que tivo lugar na calle Real, en febreiro de 1895. Esta conmemoración do 120 aniversario foi declarada acontecemento de excepcional interese público polo Goberno de España, algo que é a primeira vez que sucede cun evento da cidade.