O Concello de A Coruña e a Fundación Emalcsa destinan 100.000 euros a financiar os proxectos de 13 entidades culturais da cidade que desenvolverán, ata agosto do próximo ano, actividades que procuran a inclusión das diversidades. Esta aportación prodúcese no marco do Programa Cultura Accesible e Inclusiva.
O alcalde, Xulio Ferreiro, tamén presidente da Fundación Emalcsa, firmou os convenios coas entidades adxudicatarias que, á vez, levarán a cabo os seus proxectos en colaboración con 21 asociacións distintas do ámbito das diversidades. O rexedor destacou que “trátase xa da segunda convocatoria que realiza o goberno local, na súa aposta decidida porque o acceso á cultura e aos circuítos culturais sexa realmente accesible e inclusivo”.
Nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, e o titular de Culturas, José Manuel Sande, así como o director xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar, el alcalde agradeció especialmente la participación das asociacións culturais, así como do ámbito das diversidades, e incidiu en que, nesta edición, tanto a Fundación María José Jove, como as empresas Repsol, Vegalsa e Luckia, realizaron unha colaboración económica para axudar á financiación dos proxectos.
Axudas para todas as solicitantes
As entidades beneficiarias destas axudas (todas as que se presentaron á convocatoria) son Amigos de los Museo de Bellas Artes de A Coruña, Sociedad Filatélica de A Coruña, Asociación Cultural para la Integración Social Diversos, La Quinta del Arte, Asociación para el Desarrollo de la Cultura Musical en la Infancia para Colectivos Desfavorecidos y en Riesgo de Exclusión Social (Demusicade), Asociación Cultural Tres por Cuatro, Asociación Proyecto Máscaras, Asociación Cultural Coruñesa Negus, Asociación Cultural Sin Ánimo de Nombre, Asociación Poten100mos, Asociación Cultural Freakmacine, Asociación Cultural Zalatera y Asociación Participa para a Inclusión. Estas entidades realizarán proxectos que se basan na apertura das actividades culturais a todos os colectivos con diversidade para a cidade, desde veciñanza en risco de exclusión a persoas con algún tipo de discapacidade funcional.
As entidades, cuxos proxectos financiaranse de forma total ou parcial coas aportacións da Fundación Emalcsa, actuarán, ademais, en colaboración, con 21 entidades que traballan en ámbito das diversidades como son a Asociación Coruña de Promoción de la Persona Sorda (ACOPROS), Asociación Daño Cerebral Adquirido (ADACECO), Asociación de Padres de Personas con Trastornos del Espectro Autista (ASPANAES), Asociación de Síndrome de Down (Down Coruña), Asociación del Síndrome de West (West Galicia), Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFACO), Asociación Gallega de Asperger (ASPERGA), Asociación para la Inclusión de Personas con Diversidad Funcional (ARTEFÍOS), Asociación para la Integración del Niño Disminuído (AIND), Asociación Pascual Veiga, Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña (APEM), Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (ASPRONAGA), Centro de Atención a Personas con Discapacidades de A Coruña (CAPD Coruña), Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI), Fundación Abrente, Fundación Adultos Discapacitados de A Coruña (ADCOR), Fundación INGADA, GRUMICO, Instituto Gallego del TDHA y trastornos asociacidos (INGADA), Liga Reumatolóxica Gallega y Organización Nacional de Ciegos (ONCE).
Na firma do convenio, a concelleira Fraga destacou que os proxectos das 13 entidades receptoras foron valorados por un comité técnico composto por profesionais do ámbito cultural do Concello de A Coruña e da Fundación María José Jove. “As propostas que recibiron financiación desenvolverán distintas actividades culturais nos campos artísticos e culturais da música, o teatro, o cine, a danza, a pintura, visitas a museos e monumentos, poesía, contidos dixitais e fotografía”, dixo. “Todas as entidades culturais que participaron desta convocatoria teñen unha recoñecida experiencia no seu ámbito, como indica o feito de que organizaron máis de 100 eventos nos últimos tres anos”, engadiu.