O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, e o presidente da Fundación Metrópoli, Alfonso Vegara, presentaron durante os días 29 e 30 de maio a segunda edición do Foro Cidade de Coruña Futura, organizada pola Fundación Emalcsa e na que participaron máis de 250 persoas, divididas en seis grupos. Tras a primeira fase, na que se recolleron 72.000 respostas de 188 cidadáns sobre o modelo de desenvolvemento que desexaban para a urbe herculina e a súa área metropolitana, chega o momento das propostas concretas.
A partir do análise deses datos, presentáronse catro clústeres emerxentes e nove proxectos estratéxicos, que de novo foron sometidos ao análese de empresarios, financeiros, artistas, profesionais liberais, cargos públicos, deportistas, catedráticos, investigadores, estudantes, xestores culturais, líderes de opinión e cidadáns de a pé. “Coruña Futura non é un proxecto obrigatorio, sen embargo queremos afrontalo porque temos que pensar que queremos facer durante os próximos anos en base a nosas potencialidades. O noso desexo é conseguir que ninguén nos marque o noso futuro, senón adiantarnos e decidir cara a onde queremos ir”, explicou o alcalde.
Pola súa parte, Alfonso Vegara destacou que “agora hai que seleccionar ben as prioridades dos próximos anos. Este non é só un proxecto de cidade, tamén de área metropolitana e de Galicia. Non é un plan estratéxico, é un proxecto onde dialogan territorio e innovación e ofrécense oportunidades e vantaxes competitivas para desenvolver iniciativas en diferentes ámbitos”.
En concreto, exponse a aposta polos clústeres marítimo-portuario, do turismo, a calidade de vida e a saúde; das solucións urbanas e da industria e os contidos dixitais. Tamén inclúe os proxectos Coruña verde e azul, a cidade tecnoindustrial A Coruña-Arteixo, a Ronda dos Barrios, as avenidas da Saúde e do a Innovación, o deseño de Corazóns de Barrio, a renovación do porto urbano e a configuración dun Distrito da Creatividade e unha Cidade do Coñecemento. Os 250 participantes nos seis encontros do Foro Cidade aportaron a súa opinión sobre estas propostas a través dun cuestionario. Agora, comeza o proceso de análise das respostas obtidas, que se empregarán para as prioridades de A Coruña no futuro.
Segundo Alfonso Vegara, “a previsión é que tras o verán poidamos presentar xa unha serie de proxectos máis detallados e acompañados dunha completa diagnoses e financiamento, ademais dos medios e actores necesarios para o seu desenvolvemento”.