O Concello de A Coruña e o Banco Sabadell Gallego firmaron un contrato de patrocinio no que a entidade bancaria comprometeuse a impulsar a exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, que explora a relación entre o pintor malagueño e a cidade herculina. O alcalde, Carlos Negreira, e o director xeral do Sabadell Gallego, Pablo Junceda, rubricaron este acordo no acto celebrado no Palacio Municipal de María Pita.
Negreira agradeceu ao banco e a súa fundación a colaboración que prestan para “esta importante exposición, que mostrará a todos os visitantes a etapa máis descoñecida deste pintor, que é imprescindible para comprender ao gran xenio que chegou a ser”. Neste sentido, o alcalde coruñés destacou a sensibilidade da entidade bancaria e a súa “rápida disposición” para contribuír tanto á difusión como á organización do citado evento.
A exposición El primer Picasso. A Coruña 2015 abrirá as súas portas o día 19 de febreiro, no Museo de Belas Artes. Forma parte dos actos de conmemoración do 120 aniversario da primeira exposición pública realizada por Picasso, que tivo lugar na calle Real, en febreiro de 1895. Esta conmemoración do 120 aniversario foi declarada “acontecemento de excepcional interese público” polo Goberno de España, algo que é a primeira vez que sucede cun evento da cidade.