SS.MM. os Reis de España, Felipe VI e Dona Letizia, inauguraron este 19 de febreiro a exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, no Museo de Belas Artes da cidade herculina, unha mostra que reúne máis de 200 obras e que ten como obxectivo reivindicar a importancia que a súa estancia en A Coruña tivo para o desenvolvemento do artista malagueño.
O acto de inauguración asistiron, ademais de as Súas Maxestades, a ministra de Fomento, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira; e os conselleiros de Cultura e Educación, Román Rodríguez; Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez; e Traballo e Benestar, Beatriz Mato, entre outras autoridades e representacións.
A vida en A Coruña
A mostra, que foi comisariada por Malén Gual, pretende reivindicar a importancia e aportar coñecemento e documentación da etapa coruñesa de Picasso, onde viviu desde 1891 ata 1895; fiar esta etapa coa súa obra posterior e tamén conectar a obra coruñesa coa de artistas galegos contemporáneos a súa estancia. Foi nesta cidade onde Picasso recibiu formación académica por primeira vez, traballou baixo o paraugas do seu primeiro mecenas (Ramón Pérez Costales), sufriu o seu primeiro contacto coa morte (a de súa irmá Conchita) e realizou a súa primeira exposición.
A exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, promovida polo Concello de A Coruña, está organizada coa colaboración do Museo de Belas Artes, a Consellería de Cultura e a Fundación Emalcsa.
El primer Picasso. A Coruña 2015 inclúe obras de máis de 100 anos de antigüedade en gran parte dos casos e recibiu a axuda dos principais museos picassianos do mundo, en especial do Museo Picasso de Barcelona, que cedeu “Playa del Orzán”, “Torre de Hércules”, “Perfil de mujer gallega” e “Aldeanos galegos”. Tamén se pode contemplar “La muchacha de los pies descalzos”, a obra máis importante que o artista pintou en A Coruña e que cedeu o Museo Picasso de París.
Entre outras, a Fundación Picasso prestou para esta exposición as litografías “Cabeza de muchacho (autorretrato evocativo)”, “Fauno sonriendo”, “Paloma y su muñeca, fondo blanco” e “El juego del toro”; e o Museo Picasso cedeu o óleo “Retrato de un hombre barbudo” e o debuxo “Estudio doble del ojo izquierdo”, mentress “Pareja de ancianos” provén do Museo de Bellas Artes de Málaga.
Ademais das pezas de Picasso, a exposición inclúe obras de pintores contemporáneos como Isidoro Brocos, Román Navarro, Gumersindo Pardo Reguera, Ovidio Murguía ou o seu propio pai, José Ruiz Blasco.
Esta mostra, que poderá visitarse ata o 24 de maio, serve para conmemorar ademais o 120 aniversario da primera exposición de Picasso e é unha dunha das 30 máis importantes que se celebrarán no mundo sobre o xenio malagueño entre 2015 e 2016.