Protocolo de seguridade ante o Covid-19

Seguindo as recomendación sanitarias ante o Covid-19, a Fundación Emalcsa decidiu suspender toda actividade desenvolta nos programas de ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ e ‘Cultura Accesible e Inclusiva’.

Trátase dunha medida excepcional, necesaria e responsable para protexer a saúde de todas as persoas partícipes nos proxectos de inclusión.

A través das redes sociais da fundación, Facebook, Twitter e Instagram poderás coñecer as iniciativas que están desenvolvendo algunhas entidades que participan nos programas da Fundación Emalcsa, co fin se seguir fomentando a práctica do deporte en casa e facilitando o acceso á cultura mediante actividades online.

Informamos, tamén, que se manteñen operativas as axudas de emerxencia social o programa A FLOTE que se xestionan a través dos servizos sociais do Concello da Coruña.

“Esperamos recuperar a actividade cotiá o antes posible e manterémosvos  informados sobre as nosas novidades. Mentres tanto, queda en casa”.

Fundación Emalcsa.