No primeiro trimestre de 2020 a xestión do programa A Flote desenvolvese conforme ás previsións do Plan de Actuación e do Convenio co Concello da Coruña: un gasto medio mensual de 16.500€, destinado fundamentalmente a axudas de vivenda.
A declaración do Estado de Alarma o 14 de marzo, e as medidas adoptadas polo goberno para conter a expansión da enfermidade provocada polo COVID-19 tiveron un impacto social case inmediato sobre as persoas e familias extremadamente vulnerables.
Co fin de evitar desafiuzamento na Coruña, dentro do programa A Flote realizáronse tres accións:
- Programa de axuda de alimentos.
- Programa de doazóns para os albergues.
- Adaptación do procedemento de xestión das axudas A Flote para vivenda ás circunstancias extraordinarias xeradas polo estado de alarma.
Segundo os datos do informe, as axudas destináronse da seguinte maneira:
- O 43% das axudas destináronse para o arrendamento de habitacións.
- O 8,8% das subvencións destináronse ao pago de fianzas, si ben nalgúns destes casos tamén se abonaron as primeiras mensualidades do aluguer.
- O 6,3% foron para aloxamentos temporais.
- O 7,8% ao pago de subministración.
A previsión económica do plan de actuación 2020 para o programa A Flote revélase insuficiente: dos 250.000€ consignados para este fin xa se concederon axudas por importe de 194.340,24€.
Descarga o informe completo aquí