O proxecto Coruña Futura deu xa os seus primeiros froitos. A través do análise dos resultados do Foro Cidade, celebrado en novembro de 2012, identificáronse os puntos fortes e as prioridades de futuro para A Coruña e a súa contorna, ademais dos seus principais déficits. Para os 188 participantes no cuestionario (entre os que se encontraban empresarios, financeiros, artistas, profesionais liberais, cargos públicos, deportistas, catedráticos, investigadores, estudantes, xestores culturais, líderes de opinión e cidadáns de a pé), os compoñentes de excelencia da área coruñesa son os elementos ambientais, as actividades económicas como a industria da moda e téxtil, servizos relacionados coa saúde e equipamentos de ocio e culturais.
Entre os proxectos de futuro destacan a mellora do sistema educativo, o fortalecemento do sistema sanitario e a integración co conxunto da área metropolitana e de Galicia. E, no capítulo de cuestións a mellorar, atópanse a mobilidade, a conectividade e o acceso á vivenda.
O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, e o presidente da Fundación Metrópoli, Alfonso Vegara, presentaron estes resultados ante os concelleiros da corporación municipal, e os firmantes do protocolo de colaboración Coruña Futura (Goberno central, Autoridade Portuaria, Xunta de Galicia, Deputación e Consorcio de As Mariñas) Negreira asegurou: “O Foro permitiunos saber como perciben os cidadáns e institucións a nosa cidade e a área a través do análise de máis de 72.000 respostas”.
Coruña Futura arrancou o pasado mes de maio coa firma do protocolo de colaboración co resto de administracións e que desde a súa adxudicación e a súa posta en marcha, en outubro de 2012, celebrouse o Foro Cidade e varios encontros sectoriais con profesionais, empresarios, expertos e directivos que deron a súa visión da cidade e aportaron claves específicas dos sectores económicos, culturais e sociais coruñeses.