Presentación da programación Lírica Inclusiva de A Coruña 2019

Un ano máis, a Fundación Emalcsa colabora coa Asociación Amigos de la Ópera no seu programa Lírica Inclusiva co fin de achegar a actividade musical a públicos e espazos diferentes aos habituais.

A programación Lírica A Coruña 2019 é a seguinte:

Óperas

“Don Giovanni” de W. A. Mozart

En 1798, A Coruña converteuse na primeira cidade española en acoller a estrea da que para moitos é a “ópera das óperas”, o “Don Giovanni” de W. A. Mozart. Continuando coas celebracións do 250 aniversario da chegada da ópera a esta cidade, que iniciamos o ano pasado co espectáculo dedicado ao fundador do primeiro teatro coruñés, Nicola Setaro, agora estrearemos unha nova produción da obra mestra de Mozart, que será a primeira aproximación teatral a un dos grandes mitos da cultura universal por parte do prestixioso realizador Carlos Saura.

Saura, que firmará a posta en escea e a escenografía desta ópera, xa levada ao cine “Io Don Giovanni”, unha das súas películas máis celebradas entre as recentes, aproximación particular ao universo de Lorenzo Daponte, autor do libreto. Do vestuario encargarase o prestixioso deseñador Pedro Moreno, gañador dos premios Goya (“El perro del hortelano”, “Goya en Burdeos”).

Ao fronte da Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos situarase Miguel Ángel Gómez Martínez, o director español que máis veces dirixiu á Filarmónica de Viena en ópera. Encabeza o reparto vocal, tras o seu recente triunfo no Metropolitan de Nueva York, o barítono andaluz Juan Jesús Rodríguez, que seguirá os pasos do gran Don Juan español, Antonio Campó, tan vinculado a esta cidade. Xunto a Rodríguez debutan en España a soprano italiana Gilda Fiume (Donna Anna) e a mezzo norteamericana Ginger Costa-Jackson (Doña Elvira). O resto do elenco confórmano recoñecidos cantantes españoles como o baixo Simón Orfila (Leporello), un dos máis asiduos invitados ao Festival de Pésaro; a soprano e estrela emerxente da Opera de Berlín, Rocío Pérez (Zerlina); o tenor Francisco Corujo (Don Ottavio), tras o éxito cultivado aquí en “Falstaff” baixo a batuta de Zedda, e o ascendente barítono canario Gerardo Boullón (Masetto).

Representacións: 13 e 15 de setembro (20h). Teatro Colón.

“Don Carlo” de G. Verdi, en versión de concerto

Amigos da Ópera de Coruña proponse case cada ano estrear algún título que nunca se ofreceu con anterioridade na longa historia xa desta institución, decana entre as españolas galardoadas este ano co Premio de Honor nos galardóns líricos que conceden os principais teatros e festivais nacionais. Para esta ocasión, recuperarase en versión de concerto, e como recordo e tributo á recentemente falecida soprano Montserrat Caballé, unha das obras maiores de Giuseppe Verdi, o seu “Don Carlo”, cun elenco excepcional encabezado, entre outros, por unha das novas estrelas do Metropolitan de Nueva York, a soprano norteamericana Angela Meade (Elisabetta), que xa cantou con gran éxito “Ermione” e “Il Trovatore” na Coruña.

Este título supoñerá ademais o regreso á programación coruñesa do gran barítono español Carlos Álvarez (Rodrigo) e o debut aquí do baixo italiano Ferruccio Furlanetto, que fixo seu o rol de Filippo II durante os últimos trinta anos, interpretándoo en todos os teatros de referencia no mundo. De feito, Furlanetto volverá agora a ofrecer o seu recoñecido Filippo II na Coruña e na tempada do Royal Opera House Covent Garden de Londres.

Nos papeles protagonistas actuarán tamén o tenor italiano Francesco Pio Galasso (Don Carlo), que debuta na cidade; a mezzo Elena Zhidkova (a Eboli oficial da ópera de Viena), e o excelente baixo Luiz-Ottavio Faria (Gran Inquisidor).  A Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos actuarán baixo a batuta de Kamal Khan, tras os seus recentes éxitos na Programación Lírica coruñesa, onde dirixiu xa as sopranos Pretty Yende e Angela Meade, ademais de títulos como “Carmen”, “Tosca” e “La sonámbula”.

28 de setembro (20h). Teatro Colón de A Coruña.

Concertos e recitais

Celso Albelo, tenor

A programación inaugurarase  cun recital do tenor Celso Albelo, Socio Honorífico de Amigos da Ópera. Considerado por Plácido Domingo como o gran tenor español dos nosos días, Albelo ofrecerá un programa con música latinoamericana, ópera e zarzuela. En 2017, Albelo tiña que haber presentado na Coruña, cun recital, o CD que gravou en Galicia para a multinacional Sony, “Íntimamente”. Aquel concerto non puido celebrarse naquel momento e será agora cando o público coruñés poderá gozar desta presentación. Albelo, que actuará xunto ao pianista Juan Francisco Parra, incluirá ademais arias de óperas do seu máis recente repertorio.

8 de setembro (20h). Teatro Colón de A Coruña

Michael Spyres, tenor

Tras o extraordinario éxito que obtivo con “Ermione” na Tempada Lírica coruñesa, en 2015, e que logo repetiría ese mesmo ano en París, Michael Spyres, o único verdadeiro baritenore dos nosos días regresa agora á programación cun concerto no que ofrecerá unha mostra do seu variado repertorio, da máis alta exixencia vocal. Desde Mozart aos grandes roles do romanticismo, o tenor norteamericano interpretará un programa de extraordinaria dificultade técnica, que inclúe arias de enorme lucimento de “El barbero de Sevilla” ou “Zelmira” de Rossini ata “Los pescadores de perlas” de Bizet o “Luisa Miller” de Verdi

21 de setembro (20h.) Teatro Colón de A Coruña.

Piotr Beczala, tenor

Fiel a súa tradición de presentar en Galicia aos principais cantantes dos nosos días, este ano será o debut dunha das maiores figuras mundiais entre os tenores actuais. Tras os seus recentes éxitos no Metropolitan de Nova York, Ópera de Viena e Festival de Bayreuth, onde o seu “Lohengrin” causou auténtica sensación, Piotr Beczala actuará por primeira vez na comunidade o próximo mes de outubro. O seu recital será dos máis variado e incluirá desde cancións de Dvorak ata as arias de ópera máis coñecidas do seu amplo repertorio.

23 de outubro (20h.) Teatro Colón de A Coruña.