O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, explicou a directores e representantes dos principais medios de comunicación herculinos como Coruña Futura axudará a que a cidade e a súa área metropolitana se localicen positivamente no novo escenario de cidades no século XXI. Así contribuirase a mellorar as súas oportunidades económicas, a calidade de vida dos seus habitantes e a definir un papel protagonista no contexto no que se insiren, nestes momentos de especial dificultade. Tanto o rexedor como o equipo de traballo do proxecto responderon ás preguntas que lle expuxeron os xornalistas, e recolleron as súas suxestións.
Coa mesma finalidade, o día 21 de novembro, o rexedor, acompañado dos concelleiros Julio Flores y Martín Fernández Prado, recibiu a once membros do corpo consular destacado en A Coruña.