O concurso fotográfico, impulsado pola Sociedade Filatélica co respaldo da Fundación Emalcsa, quere facer visible o traballo artístico de persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Asperxer.
A vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, entregou esta tarde en María Pita os premios do concurso fotográfico “A Coruña Solidaria” impulsado pola Sociedade Filatélica, coa colaboración da Fundación Emalcsa, a través do programa de ‘Cultura Accesible e Inclusiva’, e da Cociña Económica.
O certame, que busca dar visibilidade ao traballo de persoas con diversidade funcional da Asociación a prol das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (ASPRONAGA) e a Asociación Galega de Familias de Persoas Afectadas pola síndrome de Asperxer (ASPERGA), tiña como tema dar a coñecer o labor que a Cociña Económica realiza desde a súa fundación en 1886.
Neira agradeceu á Sociedade Filatélica a súa implicación no campo da inclusión cultural e felicitou aos premiados, “os verdadeiros protagonistas que nos ensinades cada día que non existen as barreiras, que non existe a exclusión”.
Os premiados nesta terceira edición foron Vicente Fernández, Daniel Aguilera e José Martínez, mentras que Violeta González recibiu un áccesit pola a súa imaxe. A Sociedade Filatética fará unha tirada especial de selos e tarxetas con todas as fotografías gañadoras. Ademais, as imaxes seleccionadas formarán parte da exposición filatélica conmemorativa do “330º aniversario da creación da liña marítimo-postal FalmouthCoruña”, que se celebrará o próximo mes de novembro na sala de exposicións da Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
10