Picasso volve ao Eusebio da Guarda gracias ao concurso de Fundación Emalcsa

Alumnos de A Coruña, Riveira, Vigo e Viveiro obtiveron os principais premios do II Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, convocado pola Fundación Emalcsa coa colaboración do Concello de A Coruña, co patrocinio de El Corte Ingés e coa coordinación da Asociación de la Prensa e da Asociación Pablo Ruiz Picasso de A Coruña. O obxectivo do certame, aberto á participación de estudantes de toda Galicia de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, era que os escolares recreasen os xornais que o Picasso adolescente realizou durante a súa estancia na cidade. Un total de 13 estudantes (once chicas e dous chicos) obtiveron galardón. Esta actividade forma parte do evento A Coruña 2015 – 120 anos despois, cuxo exe central é a exposición El primer Picasso. A Coruña 2015, no Museo de Belas Artes, na que precisamente se mostran tres dos xornais que o malagueño realizou en A Coruña.

O xurado do concurso destacou tanto a elevada participación, xa que o certame cuadriplicou o número de traballos presentados, pasando de 149 na edición anterior a 593 na actual, como a calidade dos traballos presentados, especialmente dos incluidos nas categorías B e C.