O Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa presentan a cuarta edición do FESTIGUAL.

Esta mañá presentouse a cuarta edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural, FESTI=, unha iniciativa da Fundación Emalcsa desenvolvida co Concello da Coruña. A vicepresidenta da Fundación Emlacsa e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Yoya Neira, foi a encargada de presentar o acto. A presentación tamén contou coa presenza de Gabriela González, directora PRI & Comunicación de VegalsaEroski, uns dos colaboradores do festival. Como representantes das entidades participantes do festival asistiron Carlota Pérez, directora de Experimentadanza, e Óscar Méndez, presidente da asociación NEGUS.

O FESTI=, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Vegalsa-Eroski e Fundación María José Jove, é un punto de encontro para que toda a cidadanía da Coruña teña a oportunidade de coñecer e gozar dunha cultura sen barreiras. O mundo online cobra este ano unha grande importancia dadas as circunstancias da pandemia, polo que se habilitou a web www.festigual.com e redes sociais propias. Todas as actuacións se retransmitirán dende as redes e a web, xa que o aforo será máis limitado que en anteriores edicións.

Este festival é un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras. Non se trata só de que as persoas diversas poidan acceder á cultura, senón tamén de que sexan produtoras e formen parte dela. “Este ano máis que nunca é importante seguir apostando pola cultura e en especial pola cultura inclusiva” sinalou Yoya Neira, quen tamén sinalou a intención de ter presenza na rúa coa exposición “Unha mirada á diversidade” do artista gráfico Óscar Corral, coa que se pretende poñer o acento na normalización da diversidade como único camiño hacia a inclusión.

A programación do Festival de Artes pola Inclusión Cutural, na que participan asociacións tanto cuturais como sociais, abrangue dende obradoiros inclusivos ata concertos, teatro, audiovisuais ou exposicións, sempre dende un punto de vista inclusivo.

Programación do Festi=

O día 6 de novembro inaugúrase a exposición “Unha mirada á diversidade” nas banderolas do centro da cidade e na web www.festigual.com . Xa pola tarde Demusicade ofrecerá un concerto no Museo de Belas Artes da Coruña ás 20:00h. O día 11 de novembro Experimentadanza e Diversos presentan a obra Límites no Teatro Rosalía ás 19:00. Á semana seguinte, o día 26 de novembro chega a quenda de Poten100mos e a súa obra de teatro metaMorfosis, no Teatro Rosalía ás 20:30. A Asociación Zalaeta presentará unha curta sobre o seu proxecto Deseño e Son o día 27 ás 19:00 na Domus. Para rematar, o día 29 no Centro Ágora a Asociación Proxecto Máscaras presentan O Reflexo da tartaruga ás 12 e pola tarde, ás 19:00 remata o festival co concerto de Sisters in the House.

Toda a programación presencial será retransmitida en streaming na web do festival, onde ademáis se amplia a programación coa pinchada a cargo de Negus Cabina inclusiva o día 14 de novembro ás 12:00 e co concerto-obradoiro de Tres por Cuatro e Robert Pier o día 19 ás 17:00h.

festigual