O Club Torre presenta as súas actividades dentro do programa Deporte Solidario para este verán

O pasado 22 de xuño, presentouse o XXI Torneo Internacional Club Torre, así como as actividades programadas para o verán organizadas polo propio club. A 21º edición do torneo responde á necesidade de reivindicar a importancia do deporte como canle para a inclusión e a tolerancia.

Durante o acto, tamén se presentaron as actividades que conforman o VI Programa Solidario de Deporte Adaptado e Inclusivo, que forma parte do programa Deporte Solidario e Inclusivo da Fundación Emalcsa. Entre elas destacan o VI Mundialito da Integración e as VI Xornadas Solidarias de Deporte Adaptado e Inclusivo.

Do 13 ao 20 de xullo, terá lugar o VI Mundialito da Integración e o IV Mundialito de Fútbol Feminino. Ambos campionatos celebraránse na Cidade Deportiva da Torre, e teñen como obxectivo sinalar a importancia da integración social de homes e mulleres inmigrantes.

Ás VI Xornadas Solidarias de Deporte Adaptado e Inclusivo realizaranse tamén na Cidade Deportiva da Torre entre o 6 e o 31 de xullo, de luns a venres e en horario de 11 a 13h e de 18 a 20h. A inscrición, que é gratuíta, poderá facerse por teléfono no 620 708 025 o no correo electrónico clubtorre1@gmail.com.