O pasado venres 16 de xullo inaugurouse a exposición táctil “Toca lo natural” na Casa-Museo María Pita. Esta iniciativa, desenvolvida pola Plataforma DiversidArte da Asociación Poten100mos, nace co obxectivo de promover a atención á diversidade en ámbitos culturais como a arte.
Este proxecto, enmarcado na V Convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa, contou coa colaboración de seis entidades locais: Fundación Adcor, Aspronaga, Acopros, ALAS, ONCE e Liga Reumatolóxica Galega, que asistiron ás 15 visitas accesibles e programadas á exposición.
Estas visitas programadas con distintas asociacións veñen de rematar o pasado 29 xullo, pero a exposición continuará aberta ata o domingo 15 de agosto.