Programa Acompaña

Iniciativa social que apoia a colectivos en situación de vulnerabilidade.
logo-programa-acompaña

No ano 2017, a Fundación Emalcsa crea o Programa Aflote, unha iniciativa que xorde co obxectivo de reflorzar os recusos municipais para proporcionar unha resposta rápida ás necesidades das persoas que acoden aos servicios sociais para paliar unha situación puntual de urxencia. A experiencia de todos estes anos puxo de manifesto a necesidade de ampliar as axudas enfocadas a situacións de emerxencia social a axudas á atención de colectivos en situación de vulnerabilidade.

Deste xeito nace Acompaña, o programa paraugas de integración social e de apoio a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade. Este programa, que realiza as súas intervencións en coodinación coa área de Benestar Social do Concello da Coruña e con outras entidades sociais locais, engloba dous enfoques muy definidos:

1. Proxectos de integración social para a atención a colectivos en situación de vulnerabilidade

No 2024, estes proxectos realízanse en colaboración coa Asociación Participa para a Inclusión e a Fundación María José Jove e están destinados a apoiar a persoas novas con dificultades específicas para a súa integración socio-laboral (Proxecto Aliados), ou rapaces e rapazas que precisen de apoio emocional e habilidades sociais (Proxecto Norte).

Ademais, desde o 2025, apostamos por un novo programa, o Proxecto PARES, dirixido a mozos e mozas con problemas de saúde mental a través da interacción gradual cos animais do Centro Municipal de Animais de Compañía. Este coidado mutuo é un contexto protector beneficioso tanto para os rapaces e rapazas como para os animais, xa que fomentan as relacións sociais e de confianza. Trátase dun programa pioneiro en España que tamén se complementa co programa Norte.

fundacion_emalcsa_programa_acompana

2. Axudas e prestacións sociais para paliar situacións de vulnerabilidade

O acceso a estas axudas farase, en todos os casos, a través dos servizos sociais municipais e compóñense de:

  • Axudas para comedor escolar: son complementarias ás bolsas comedor municipais e están enfocadas para aquelas familias que, por razóns de tipo formal, non puideron acceder a elas.
  • Axudas de acollida para refuxiados da guerra de Ucraína: no ano 2022 xorde unha nova liña de axudas dirixidas á acollida e integración dos refuxiados da guerra de Ucraína, que contou coa financiación específica do principal patrocinador do programa Aflote. Estas axudas manteranse durante o ano 2024 ante o incerto sobre a duración e evolución da guerra de Ucraína.
  • Axudas de emerxencia social para vivenda: o obxectivo destas axudas e seguir atendendo situacións de desprotección debidas a requisitos formais ou problemas de procedemento, facilitando actuacións urxentes coordinadas cos servizos sociais municipais para evitar desafiuzamentos ou posibilitando unha transición inmediata a novas vivendas sen solución de continuidade tras un desaloxo inevitable.

Para articular a colaboración e coordinación do desenvolvemento do programa, a Fundación Emalcsa firmou un convenio con Inditex para o período 2023/2025 co obxectivo de contribuír á integración de persoas en situacións de vulnerabilidade a través das axudas do programa Acompaña.

Consulta a evaluación de A Flote

Principais indicadores

Proxectos realizados

Persoas beneficiarias

Entidades participantes

Euros destinados

Entidade colaboradora

inditex_logo_logotype