O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, presidiu hoxe a reunión na que participaron o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; a delegada territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Belén do Campo; o presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo; o presidente do Consorcio de As Mariñas, José Antonio Santiso; e o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada; para subscribir o protocolo de colaboración para a definición da estratexia de mobilidade da área urbana de A Coruña, a realización do Plan de Mobilidade Sostible (PMUS) da cidade, o apoio a súa implementación e o seu desenvolvemento funcional e tecnolóxico.
O Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) fomentará o transporte público, contemplará as necesidades de industria, turismo e comercio e fomentará o aforro de enerxía e o coidado do medio ambiente. Para a elaboración do PMUS e a Oficina Tecnolóxica de Mobilidade contase con un presuposto de 550.000 euros e un prazo total de 18 meses. O proxecto sacarase a concurso con carácter inmediato.