A Fundación Emalcsa, en colaboración coa Asociación pro personas con discapacidad intelectual de Galicia (Aspronaga), celebra o I Encontro de Programas Inclusivos da Fundación Emalcsa, que terá lugar o 12 de febreiro, ás 16:00h, no Centro Ágora da Coruña.
A entrada está aberta a todo o público interesado na práctica de actividades culturais e deportivas desde unha visión inclusiva.
PROGRAMA
16:00h – Presentación. Yoya Neira (Fundación Emalcsa) e Alberto Vidal (ASPRONAGA).
16:30h – O espírito das convocatorias. Manuel Aguilar (Fundación Emalcsa).
17:15h – Mesa Redonda. Boas prácticas. Modera Iago Menduíña, coa participación de Yago González (Proxecto Máscaras), María Martínez (Asociación Participa), Alfonso Queijo (Orillamar SD) e Juan Hernández (Escuela de Tenis Marineda).
18:45h – Descanso.
19:00h – Obradoiros:
▪ Convocatoria de Cultura
▪ Convocatoria de Deporte
▪ Proxectos Inclusivos
20:00h – Posta en común dos obradoiros.
20:30h– Peche e despedida.
Se non queres quedar sen a túa praza, ínscríbete gratuitamente na seguinte ligazón: https://cutt.ly/frAh7T0
(Expedirase certificado de asistencia ás persoas que o soliciten).
CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS
- Daráselle prioridade ás entidades beneficiarias das seguintes convocatorias: IV Cultura accesible e inclusiva, e VI Deporte Solidario. Asígnase 1 praza a cada entidade solicitante seguindo a orde de inscrición.
- No caso de quedar prazas vacantes, procedemos a asignar prazas ás entidades sociais que participan nos proxectos. Asígnase 1 praza a cada entidade social seguindo a orde de inscrición
- Se quedan vacantes, asígnase unha segunda praza a cada entidade cultural ou deportiva solicitante seguindo a orde de inscrición.
- Se quedan prazas vacantes asígnase outra praza a cada entidade social participante nos proxectos seguindo a orde de inscrición.
- Se quedan prazas vacantes, asignaranse seguindo a orde de inscrición.