Hijos de Rivera únese ao proxecto de ‘El primer Picasso’

O alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, firmou con Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera, un contrato de patrocinio para impulsar a exposición  El primer Picasso. A Coruña 2015. Esta cita conmemora o 120 aniversario da primeira mostra que o artista realizou na calle Real, en 1895.

O alcalde agradeceu a Estrella Galicia a súa colaboración e destacou a sensibilidade da empresa e a súa rápida disposición para contribuír á difusión e organización do evento e, desta forma, permitir que o público poida gozar, no Museo de Belas Artes de A Coruña, da maior exposición realizada na historia da etapa coruñesa de Picasso. Poderá visitarse ata o 24 de maio.

En total, exhíbense 207 obras, das cales 81 son de Picasso, entre elas 33 óleos e 42 debuxos, grazas á cesión de pezas por parte dos museos dedicados ao pintor de París, Barcelona e Málaga e á contribución da Escola de Arte Pablo Picasso. Entre todas, destaca especialmente La muchacha de los pies descalzos, a obra máis importante que o artista realizou en A Coruña.