A Asociación Participa para a Inclusión creou unha guía de ideas e recursos socioculturais baixo o título ‘Yo disfruto en casa’ co fin de amenizar o confinamento e aproveitar esta experiencia para aprender mentres nos entretemos.
O obxectivo desta guía é fomentar a cultura e utilizala como unha ferramenta activa para programar ocio saudable desde casa. Nela recopilanse diversas ideas e recursos aos que se poden acceder gratuitamente.
A guía componse de 9 apartados: para ler; para escoitar; para ver; para aprender; para facer; para divertirse; información e autocoidado sobre o Covid-19; recursos en Coruña e recomendacións. A súa vez, cada apartado dispón dunha lista de actividades con un enlace que redireccionan directamente á páxina web ou material en cuestión.
Esta iniciativa enmarcase no programa de ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ da Fundación Emalcsa, e conta coa colaboración do Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski e aFundación María José Jove.
Para descargar a guía ‘Yo disfruto en casa’, pulsa aquí.