A segunda edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festi= chegou ao seu fin onte no Centro Ágora. A iniciativa, impulsada polo Concello da Coruña a través da Fundación Emalcsa, leva desde o mes de outubro ofrecendo actividades 100% libres de barreiras a través da súa programación expandida por toda a cidade.
O Festi= que comezou o pasado 18 de outubro o Ciclo de Lírica Inclusiva da Asociación de Amigos de la Ópera de A Coruña e rematou o 2 de decembro cun concerto de Mercedes Peón tras unha xornada de cultura inclusiva no Centro Ágora.
Nesta ocasión, participaron as seguintes entidades: Diversos, Potem100mos, Negus, Participa, Sen Ánimo de Nome, La Quinta del Arte, Proxecto Máscaras, Sociedade Filatélica, Tres por Cuatro, Asociación Cultural Zalaeta, Demusicade, FreakeMacine e FAPXG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).