Goza da lectura co caderno de literatura accesible ‘Libros, libros, libros’

A Asociación Participa e a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano recopilaron diversos materiais de lectura co obxectivo de utilizar a cultura como unha ferramenta para practicar un ocio saudable desde casa.

Este caderno componse de: libros, cuentacontos, actividades e xogos aos que se poden acceder de maneira completamente gratuíta. Todos  os recursos están adaptados a distintas capacidades e clasificados por categorías e idades.

Esta iniciativa forma parte do programa de ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ da Fundación Emalcsa.

Descarga o caderno pulsando aquí