Gadisa súmase á conmemoración da primeira exposición de Picasso

O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, firmou con Roberto Tojeiro, presidente e conselleiro delegado de Gadisa un convenio de patrocinio para impulsar a exposición  El primer Picasso. A Coruña 2015. Esta cita conmemora o 120 aniversario da primeira mostra que o artista realizou na calle Real, en 1895.

No Museo de Belas Artes da A Coruña exhíbense  207 obras, das cales 81 son de Picasso, entre elas 33 óleos e 42 debuxos, grazas á cesión de pezas por parte dos museos dedicados ao pintor de París, Barcelona e Málaga e á contribución da Escola de Arte Pablo Picasso. Entre todas, chama a atención dos coruñeses La Torre de Hércules, obra que o artista realizou en A Coruña.