A Fundación Emalcsa recolle o premio a mellor programa deportivo de integración social nos Premios Galicia á Xestión Deportiva

A undécima edición dos Premios Galicia á Xestión Deportiva de Agaxede celebrouse o pasado 19 de outubro nunha gala no auditorio municipal do concello de Arteixo.

Estos premios poñen en valor aos referentes en todas as áreas da xestión deportiva galega e son un escaparate moi importante para todas as entidades deportivas da comunidade que traballan ano tras ano para lograr transmitir valores á sociedade a través do deporte.

Durante o evento, Yoya Neira, vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do concello da Coruña, recolleu o premio concedido á fundación a mellor programa de integración social polo proxecto Deporte Solidario e Inclusivo.

Na súa intervención, a vicepresidenta da fundación destacou o traballo de todas as entidades colaboradoras “para levar a cabo estos proxectos que axudan ás persoas a intregrarse na sociedade coruñesa”. Engadiu tamén que “temos que estar moi agradecidos á labor que realiza a Fundación Emalcsa para a integración a través do deporte”.

Entre os premiados destacan a Fundación Deporte Galego como mellor entidade pública, o programa Abanca de deporte base como mellor patrocinio deportivo, o concello de Baiona como mellor concello de menos de 15.000 habitantes, o Burela Pescados Rubén FS como mellor entidade privada ou a Carreira San Martiño de Ourense como mellor actividade ou programa deportivo.