Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña impulsan o seu programa A Flote coa colaboración de CaixaBank

As instalacións da Fundación Emalcsa acolleron, o xoves, a vicepresedenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, ao director xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar, director de área de CaixaBank en A Coruña, José Manuel Caamaño, e ao responsable de acción social en Galicia, Gonzalo Balseiro, para a formalización das axudas de emerxencia social enmarcadas dentro do programa ‘A Flote’.

Desde o ano 2016, a Fundación Emalcsa, xunto coa colaboración do Concello de A Coruña, desenvolve o programa de axudas de emerxencia social ‘A Flote’ co fin de reforzar os recursos municipais.  “ O obxectivo deste programa é ofrecer unha resposta inmediata ás necesidades das persoas que se achegan aos servicios sociais”, explica Neira.

Co fin de impulsar as axudas de emerxencia social, CaixaBank, en colaboración coa Obra Social “la Caixa”, súmase ao programa cunha doazón de 10.000€ . Caamaño destacou que “esta axuda resume perfectamente a nosa vocación social, xa que somos unha entidade que quere acompañar á sociedade nos seus principais retos e prestarlle a súa axuda”.