Co fin de promover unha oferta cultural accesible en A Coruña, as fundacións Emalcsa e María José Jove decidiron renovar a súa alianza para facilitar o acceso á cultura a persoas con diversidade funcional.
En concreto, a presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, e a presidenta da Fundación, María José Jove, Felipa Jove, renovaron o convenio polo que esta entidade financiará con 27.000 euros o programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ que desenvolve la Fundación Emalcsa durante os próximos tres anos.
Para Felipa Jove “este programa coincide plenamente cos obxectivos que nós perseguimos. Levamos anos utilizando a actividade artística como espazo de encontro e comunicación e vendo con éxito como esta axuda na recuperación da autoestima e no rescate da propia historia de cada usuario. E é que estamos convencidos do potencial da arte como vía para impulsar o potencial creativo, o desenvolvemento persoal e o cognitivo das persoas en risco de exclusión”.
O Programa Cultura Accesible e Inclusiva busca que as persoas con diversidade funcional e as que están en situación ou risco de exclusión poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, “non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade”, destacan desde a Fundación Emalcsa.