Fundación Emalcsa e Ferrovial Servicios firman un acordo de colaboración polo que se ceden equipos informáticos a fines sociais

Está mañá tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Fundación Emalcsa e Ferrovial Servicios (SERVEO) polo que se doarán equipos informáticos para o desenvolvemento e posta en marcha de diferentes iniciativas sociais en A Coruña.

Este proxecto doará un total de 47 equipos de sobremesa, 8 computadores portátiles, 2 teclados e 13 ratos á Fundación Emalcsa, que serán utilizados para levar a cabo labores de apoio e posta en marcha de diferentes iniciativas sociais destinadas a colectivos en risco de exclusión social.

Os equipos destinaranse a tres finalidades principais: a realización de cursos e obradoiros nas asociacións beneficiarias dos programas ‘Deporte Solidario e Inclusivo’ e ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ da entidade herculina; a cesión a familias en risco de exclusión con menores escolarizados a cargo; e, por último, a doazón a entidades non lucrativas da iniciativa social do ámbito territorial de A Coruña.

A vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña, Yoya Neira, e a delegada de SERVEO en Galicia, Inmaculada Area Lanzas, asinaron o convenio de colaboración esta mañá ás 12:00 horas na sede da Asociación Participa para a Inclusión. Ao acto, tamén asistiron; o xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar; a directora de Igualdade, Benestar Social e Participación, Carmen Pita; a encargada de relacións institucionais de SERVEO, Ángeles Borrajo; a xerente de estratexia e planificación de SERVEO, Arantxa Martín; e, por último, a representante da Asociación Participa para a Inclusión Social, María Martínez Lemos.

Documentación: