Accións de impulso do emprendemento

Desenvolvemento de actuacións para promover actividades de emprego e o emprendemento, así como co fomento empresarial e comercial.

En que consistiron

Entre 2013 e 2015, a Fundación colaborou co Concello da Coruña, a Cámara de Comercio da Coruña e a Fundación Incyde para realizar programas de formación, uns destinados a emprendedores e pemes, e os outros, ás industrias culturais e creativas.

A Fundación Emalcsa colaborou en diferentes proxectos para promover a educación inclusiva que garantan a igualdade de oportunidades para todos levando a cabo varios programas de formación adaptada para persoas con discapacidade. En 2013 celebráronse accións para formar a persoas con discapacidade como auxiliares termais.

Ademais, a Fundación Emalcsa elaborou o deseño estratéxico e funcional do Vivero de Empresas del Centro Papagayo, Accede Papagayo, inaugurado en 2016. Trátase dun espazo de 600 m2 cuxas instalacións están destinadas para acoller as iniciativas destinadas fundamentalmente á innovación tecnolóxica, de nova creación e que consta de 74 módulos para empresas.

Formación y empleo
Accede Papagayo

Principais indicadores

Proxectos realizados

Persoas beneficiarias

Entidades participantes

Euros destinados