O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Carlos Negreira, firmou os convenios coas 31 entidades deportivas beneficiarias da II Convocatoria Deporte Solidario 2015. A Fundación entregou 250.000€ en axudas económicas para financiar 31 proxectos que conxugan a actividade deportiva coa acción social.
Presentáronse un total de 36 entidades, das que 31 obtiveron financiación, o que supuxo un aumento en relación ás 26 entidades que obtiveron financiación na I Convocatoria Deporte Solidario. Os proxectos foron valorados por un Comité Técnico composto por profesionais do ámbito social e deportivo do Concello de A Coruña, da Diputación de A Coruña e da Xunta de Galicia.
Os proxectos financiados desenvolveranse en máis de 20 disciplinas deportivas, baloncesto, tenis y pádel, rugby, hockey, atletismo, fútbol sala, vela adaptada, piragúismo, natación, waterpolo, esgrima, halterofilia, hípica, balonmán, judo, tiro con arco e deportes de montaña.
Os 31 proxectos sociais subvencionados desenvolvéranse durante 2015 e 2016 en diferentes áreas de intervención, que beneficiarán a máis de 14 mil persoas que participarán nas actividades programadas.
Os proxectos financiados desenvolveranse nas seguintes áreas de intervención:
- Educación en valores a mocidade a través da actividade deportiva para fomentar hábitos saudables, sensibilización ambiental e valores de igualdade.
- Participación de persoas con diversidade funcional en actividades deportivas adaptadas para favorecer a súa inclusión social.
- Participación no deporte de persoas en situación de vulnerabilidade social, risco de exclusión ou pobreza, inmigrantes, fillos e fillas de inmigrantes, nenos pertencentes a minorías étnicas, persoas procedentes de familias de baixos recursos e internos en centros de menores de A Coruña.
- Fomento da igualdade de xénero, da participación feminina e de valores igualitarios a través do deporte.
- Desenvolvemento de accións solidarias, eventos deportivos de captación de recursos e accións de sensibilización con causas sociais ou en favor de organizacións sociais.
Recursos destinados
En conxunto, as entidades beneficiarias da II Convocatoria Deporte Solidario solicitaron 509.147€, dos que recibiron un total de 250.000€, o 49% da financiación solicitada. Os 3 proxectos que recibiron unha mellor valoración de acordo cos criterios das bases, recibiron o 100% da financiación solicitada. Nun segundo grupo e por orde de puntuación, un total de 6 entidades obtiveron o 50% da cantidade solicitada para deporte base e o 100% do proxecto social. Un terceiro grupo de 16 entidades obtiveron recursos para deporte base e o 40% do proxecto social, e por último un grupo de 6 entidades que obtiveron fondos exclusivamente para os seus proxectos sociais.
Por outra parte, o 66% dos recursos asignados destínanse ao desenvolvemento dos proxectos sociais, e o resto ao fomento do deporte base das entidades.
Ademais é moi relevante a dimensión económica das 31 entidades deportivas beneficiarias da II Convocatoria Deporte Solidario, a súa importancia para a cidade de A Coruña transcende a súa dimensión estritamente deportiva, xestionan un presuposto global de 11 millóns de euros e empregan a 257 traballadores na cidade, mobilizan a 778 persoas voluntarias e un total de 28.800 socios e un total de 10.256 licencias de deporte federado.