O presidente da Fundación Emalcsa, o alcalde Xulio Ferreiro, firmou este xoves os convenios coas entidades culturais beneficiarias da primeira convocatoria de axudas do Programa Cultura Accesible e Inclusiva. Así, sete entidades de carácter cultural da cidade, que presentaron proxectos de difusión cultural centrados no ámbito da accesibilidade e as diversidades, recibirán distintas cuantías económicas por valor conxunto de 60.000 euros.
En concreto, as entidades serán Amigos del Museo de Belas Artes, la Sociedad Filatélica de A Coruña, Asociación Cultural La Quinta del Arte, Asociación para el Desarrollo de la Cultura Musical en la Infancia para Colectivos Desfavorecidos y en Riesgo de Exclusión Social, Asociación Cultural Tres Por Cuatro y Asociación Proyecto Máscaras. Unha das características especiais desta convocatoria é a necesidade de que os proxectos das solicitantes estén apoiados e se desemvolven en colaboración cunha entidade de persoas con algún tipo de diversidade. Estes sete proxectos contan coa colaboración de 10 entidades do ámbito das diversidades sensoriais e funcionais como son Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña (APEM), la Asociación Pascual Veiga, de padres y madres de personas con discapacidad intelectual, Aspronaga, Instituto Gallego del TDAH y Transtornos Asociados INGADA, Fundación Abrente, Asociación de Padres y Madres de Personas con trastorno del Espectro Autista (Aspanaes), Fundación Adultos Discapacitados de A Coruña (Adcor), Asociación para la Integración del Niño Disminuído (AIND), Federación Gallega de Enfermedades Raras y Crónicas (Fegerec) y el Grupo de Personas con Discapacidad de A Coruña (Grumico). Todos os proxectos recibiron valoracións moi positivas de un comité técnico composto dos profesionais do ámbito da cultura do Concello.
Na firma do convenio de colaboración, Ferreiro recordou que o programa Cultura Accesible e Inclusiva, que desenvolva a Fundación Emalcsa en colaboración con diversas concellerías d Goberno local, é unha das patas sobre as que se basea a aposta do Executivo “por poñer en marcha políticas que redundan nunha cidade accesible para todos e todas“. “Dotar de accesibilidade é sinónimo de xustiza social e de igualdade, por iso, move toda a nosa acción de Goberno”, explicou o primeiro edil coruñés. Os sete proxectos subvencionados desenvolverán na cidade actividades culturais en campos artísticos e culturais relacionados coa música, o teatro, o cine, a danza, a pintura e o ámbito museístico.