A exposición sobre María Pita poderá visitarse ata o 7 de marzo

A praza de María Pita, un dos símbolos da cidade de A Coruña, cambiou moito desde a súa inauguración ata os nosos días. A súa evolución pode seguirse nas 80 fotografías seleccionadas por Alberto Martí e Xosé Castro, para a exposición María Pita 1876-1913-2013. A praza das nosas vidas, organizada pola Fundación Novacaixagalicia, en colaboración co Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. Estará na Casa da Auga, desde o 17 de febreiro ata despois do Entroido e poderá visitarse de 8 a 22 horas, de luns a sábado, de maneira gratuíta.

A exposición trasládase agora á Casa da Auga, tras unha primeira fase na que estas imaxes exhibíronse en 78 establecementos comerciais do entorno de María Pita, de outubro de 2013 a xaneiro de 2014. Así, aquelas persoas que o desexen poidan contemplar todas as fotografías nun espazo reducido e sen necesidade de desprazarse.

120 años de la Plaza de María Pita

María Pita foi o eixe da cidade desde a súa construcción

Como sinalan os fotógrafos Alberto Martí e Xosé Castro, “esta mostra deixa claro que María Pita foi o eixe da vida urbana de A Coruña desde a súa construción. Tivemos a sorte de documentar coas nosas cámaras moito do que ocorreu neste espazo. E antes que nós, o fixeron outros, como Ferrer, Sellier, Villar ou Ángel Blanco, quen tamén forman parte da exposición”.