Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS)

Desenvolvemento da estratexia de mobilidade na Coruña acorde aos requerimentos normativos e tecnolóxicos.

En que consistiu

A Fundación Emalcsa pretende desenvolver unha estratexia de mobilidade na Coruña que estea acorde cos novos requirimentos normativos e tecnolóxicos, coas demandas cidadáns e institucionais e coa realidade social e económica.

Dentro da estratexia de cidade, o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) ten un papel fundamental. Entre 2012 e 2015 a Fundación Emalcsa actuou como plataforma operativa do Plan de Mobilidade Urbana Sostible da Coruña e da Oficina Tecnolóxica e Operativa de Mobilidade que actúa como soporte do mesmo.

A estes efectos contratou os servizos necesarios para o desenvolvemento do Plan e a implantación da Oficina. En 2013 a Fundación Emalcsa adxudicou a realización do PMUS á UTE formada polas empresas Eptisa e Ineco, e levouse a cabo o proceso de participación cidadán.

Desde a Fundación colaborouse na articulación da participación cidadán do PMUS e articulouse o protocolo de coordinación coas administracións territoriais.

Plan de Movilidad Urbana Sostenible

Principais indicadores

Proxectos realizados

Persoas beneficiarias

Entidades participantes

Euros destinados