Coruña Futura

Proxecto marco para a articulación do espazo metropolitano e para impulsar iniciativas para a cohesión entre os diferentes ámbitos da área urbana.

En que consistiu

Desde a Fundación Emalcsa estamos comprometidos para marcar un rumbo de futuro para a cidade e Coruña Futura foi un proxecto destinado a marcar as bases do desenvolvemento da cidade e a súa área metropolitana. Desde a reflexión estratéxica de carácter urbano, medioambiental, económico e social, entre outras, avanzaría pautas, ideas e proxectos dinamizadores.

Coruña Futura foi un proxecto marco para a articulación do espazo metropolitano e para impulsar iniciativas para a cohesión entre os diferentes ámbitos da área urbana. Así, en 2015 integrouse na Estrategia Integrada Urbana Sostenible (EIDUS) do Concello de A Coruña, clave para optar a fondos europeos destinados ás cidades.

En 2012 O Concello de A Coruña, a través da Fundación Emalcsa, convocou un concurso internacional para seleccionar un equipo técnico encargado da execución do proxecto como socio de coñecemento. E, tras examinar todas as ofertas, esa responsabilidade recaeu na Fundación Metrópoli, unha institución de referencia internacional no terreo da investigación e desenvolvemento urbanos.

Entre 2012 e 2015 celebráronse encontros sectoriais entre o equipo de goberno do Concello de A Coruña e ata 33 grupos de interese da cidade, representantes da sociedade civil e dos sectores económicos da cidade. Nestas reunións, os participantes coñecían de primeira man as características do proxecto e tiñan a ocasión de trasladar os seus consellos e opinións sobre a situación dos seus respectivos sectores. Ademais tiveron lugar foros de debate e presentacións públicas.

A aportación dos traballos desenvolvidos no marco de Coruña Futura foron claves para a realización de EIDUS Coruña, tanto o análises e diagnóstico, como as propostas de intervención e os documentos xurdidos das distintas fases de participación.

Coruna Futura
Coruna Futura
Coruna Futura

Principais indicadores

Proxectos realizados

Persoas beneficiarias

Acordos con entidades

Euros destinados